loader image

Redes de
confianza
e proximidade

Alianzas entre produtoras, consumidoras e administracións para recuperar saberes e sabores.
PRODUCIÓN RESPONSABLE ·
CONSUMO LOCAL ·
ALIMENTACIÓN EN REDE ·
INTERCAMBIO EN COMUNIDADE ·
MERCADO LABREGO ·
PRODUCIÓN RESPONSABLE ·
CONSUMO LOCAL ·
ALIMENTACIÓN EN REDE ·
INTERCAMBIO EN COMUNIDADE ·
MERCADO LABREGO ·

Todo queda na casa

Participamos nun SAT (Sistema Alimentario Territorializado) no que os alimentos que producimos, comercializamos e consumimos proceden dun mesmo territorio. Así, dinamizamos o intercambio en comunidade, reactivamos a economía local, e gañamos en saúde e futuro.

Se produces, distribúes ou elaboras alimentos, únete á rede de alianzas de daquídarredor.

Compartimos saberes

Re-aprendemos e facemos rede: en daquídarredor organizamos a miúdo distintos encontros, orientados a compartir saberes, axudarnos, coñecernos e, en definitiva, facer comunidade. Pincha en cada recadro para ampliar información e inscribirte, ou no botón de Saber máis para ver todas as actividades.

Recobramos sabores

Cambiar o xeito no que nos alimentamos significa tamén re-coñecer sabores: un festival de cores, olores e texturas que fan felices ás nosas papilas gustativas. Sómosche de bo comer… queres saborear ti tamén?

Pincha en cada recadro para saber onde atopar os nosos produtos daquídarredor:

De Tapas no Mercado

De Tapas no Mercado

Este sábado 24 de xaneiro, no Mercado de Horta e Artesanía da Praza da Mahía, contaremos cunha actividade moi especial para os nosos bandullos: De tapas no Mercado! Restaurante Onde keiras, Bar O Recreo, Ristorante Tivolino, Restaurante Mollos e Moios, Restaurante...

Feira de Nadal

Feira de Nadal

🌿 Venres 28/11 - Este venres de 16:00 a 20:00 participaremos na Feira de Nadal do Concello de Brión sita na Carballeira de Santa Minia. Haberá moitas actividades para desfrutar en familia!

Sábados de Mercadiño en Ames

Sábados de Mercadiño en Ames

Xa tes plan para os sábados pola mañá! A partir do 20 de setembro, poderás atopar os produtos (e as persoas) de Daquídarredor no mercado de Bertamiráns, todos os sábados pola mañá. Achégate a coñecernos e a recobrar sabores!

Atopémonos!

En daquídarredor andamos por aquí, por alá e darredor! Neste calendario poderás ver os próximos encontros, feiras e actividades que organizamos preto de ti. Agardámoste!